DADA A PROXIMIDADE DO DÍA
DA CONSTITUCIÓN E DO DÍA DOS
DEREITOS HUMANOS, LIBRIÑO, A MASCOTA DA
BIBLIOTECA PROPONNOS REALIZAR UN SINXELIÑO TRABALLO QUE CONMEMORE ESTAS DATAS.
EDUCACIÓN
INFANTIL.- XA QUE O LEMA ESTE ANO DA CONSTITUCIÓN É A COROA, REALIZARÁN DE FORMA
PLÁSTICA UNHA COROA PARA COLOCAR NO CORREDOR A CARÓN DAS AULAS DE 2º DE
PRIMARIA.
1º ,2º E 3º DE PRIMARIA.- ESCOLLERÁN DOUS DEREITOS CADA AULA (AGÁS OS DE 1º QUE SOAMENTE ESCOLLERÁN UN).
NUN FOLIO DIN
A3 CADA NENO POÑERÁ O TÍTULO DO DEREITO E A INTERPRETACIÓN QUE FAI DO MESMO
EN FORMA DE DEBUXO. SELECCIONARASE UN DE CADA CLASE QUE SE COLOCARÁ ARREDOR DA
COROA FEITA POLOS NENOS/AS DE INFANTIL.
CADA TITORA ANOTARÁ
NA SECCIÓN DE BIBLIOTECA DA SALA DE PROFESORES
OS DEREITOS SELECCIONADOS CO FIN DE PODER TRABALLALOS TODOS.
4º,5º E 6º DE PRIMARIA.-CONTINUANDO CO LEMA DESTE ANO DA CONSTITUCIÓN E
CO LEMA DAS BIBLIOTECAS (AS MATEMÁTICAS), CADA NENO/A ESCRIBIRÁ UNHA CARTA AO
REI, QUE TAMÉN SERÁN EXPOSTAS.
CON TODOS ESTES
TRABALLIÑOS QUE FARÁN OS NENOS/AS CON TANTO AGARIMO FAREMOS UN LIBRO QUE PASARÁ
A FORMAR PARTE DA NOSA BIBLIOTECA.