lunes, 29 de febrero de 2016

IAGO LÓPEZ PRESENTA FELIZ FEROZ




OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DISFRUTARON DA ACTUACIÓN DO CONTACONTOS IAGO LÓPEZ, QUE NESTA OCASIÓN CONVERTIUSE NUN LOBO FEROZ.


jueves, 18 de febrero de 2016

CONCURSO DÍA DA PAZ 2016

FELICIDADES AOS NENOS E NENAS DE  1ºA,1ºB,3ºA, 3ºB,4ºA,4ºB,5º, E 6ºA E B QUE CONTESTARON ADECUADAMENTE ÁS PREGUNTAS DO DIA DA PAZ:
E GRAZAS A TÓDOLOS QUE PARTICIPARON.


lunes, 15 de febrero de 2016

POESÍA CON ROSALÍA DE CASTRO


DÍA DE ROSALÍA    (24 DE FEBREIRO)


ANTE A PROXIMIDADE DO DÍA DE ROSALÍA  (24 DE FEBREIRO) O EQUIPO DE BIBLIOTECA PROPÓN:
ILUSTRAR ALGÚN POEMA DE ROSALÍA OU CREAR UN POEMA SEGUINDO O ESQUEMA DE ROSALÍA, É DICIR, PARTINDO DUNHA ESTROFA  INVENTARSE A CONTINUACIÓN DESA POESÍA.
TODAS ESTAS CREACIÓNS PEGARANSE NO QUE IMOS CHAMAR O MURO DE ROSALÍA, POLO QUE UNHA VEZ QUE OS NENOS/AS AS TEÑAN FEITAS COLOCARANNAS ELES MESMOS OU OS SEUS TITORES/AS NESTE MURO QUE ESTARÁ UBICADO NA BIBLIOTERRAZA.
     
RECURSOS:
DOUS EXEMPLARES DO LIBRO “ROSALÍA PEQUENIÑA” DA EDITORIAL GALAXIA CON CD INTERPRETADOS POR UXÍA, UN LIBRO DE “ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES” E UN LIBRO DE “PARECE UNHA ROSA”.
Lim de Rosalía na aula virtual do noso centro:

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ATA A PRÓXIMA.





                                                                                                                                             

sábado, 6 de febrero de 2016

HOMENAXE Á FANTASÍA NO ENTROIDO

OS ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA DISFRAZÁRONSE ESTE ANO DE LIBROS E CONTOS, LIBRIÑO A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA ESTIVO PRESENTE TAMÉN NESTA HOMENAXE AO MUNDO DA FANTASÍA