martes, 25 de octubre de 2011

"LECTURAS PARA TREMER"

CHEGA O SAMAIN E O NOSO AMIGO LIBRIÑO QUERE FACERNOS TREMER CO MEDO LENDO ESTES LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA. ANIMATE A COLLELOS:

 BOLECHAS: UN PESADELO NO MEU ARMARIO
LA BRUJA BRUNILDA
"QUEN LLE TEN MEDO": A BRUXA AMORODO
                                           VERBOTEN







lunes, 24 de octubre de 2011

CONTACONTOS

YAGO LOPEZ COS SEUS CONTOS INAUGUROU A NOSA BIBLIOTECA.
LIBRIÑO A NOSA MASCOTA INVITOU A TODOLOS NENOS A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE.











jueves, 20 de octubre de 2011

COMEZAMOS

BIBLIO.A.RO.BA ponse en marcha.
Con motivo da celebración o vindeiro 24 de outubro do día da BIBLIOTECA, LIBRÍN invítate a disfrutar:
Todas as festas queren vísperas, por eso o vindeiro 21, venres, contaremos cun contacontos profesional que pasará a xornada no noso centro.
¡ESPERO QUE DISFRUTEDES!
A partires do día 25 no recreo, poderás levar libros, cd, dvds... para a túa casa ou disfrutar dun momento de lecer nun recantiño.

¡AGÁRDOTE!

LIBRIÑO

jueves, 13 de octubre de 2011

INAUGURAMOS Á BIBLIOTECA

Achégase o día 24 de outubro (Día da Biblioteca), e que mellor forma de celebralo que inaugurando a nosa BIBLIOTECA.
O lema proposto para este curso é " BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN", ilustrado por Emma Ríos( ilustradora do mundo do comic).

Que obxectivos perseguimos?
Crear un lugar de encontro e de convivencia.
Espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita.
Integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais.
Oportunidades para soñar e imaxinar.
Apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo.

miércoles, 15 de junio de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA DE SAN FRANCISCO

Hoxe mércores visitamos á biblioteca municipal de San Francisco os nenos de 6º de Educación Infantil. ¡Que ven o pasamos!, as bibliotecarias eran moi simpáticas,amosáronnos todas as partes da biblioteca, alí ademais de libros preciosos fanse un montón de actividades.Quedaronnos ganas de volver.




miércoles, 25 de mayo de 2011

CONTACONTOS EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A BRUXA BRUNILDA E O SEU GATO BRUNO ESTIVERON NO NOSO COLEXIO GRACIAS A NAI DOS XEMELGOS PABLO E ANDRÉ,QUE HISTORIA MAIS DIVERTIDA.XA SABEMOS FACER MAXIA COMA ELA.

domingo, 8 de mayo de 2011

OS MAIOS

O día tres de maio toda a comunidade educativa participou na elaboración de dous maios tradicionais e na procura e invención de coplas, típicas tamén desta festa.
Nos libros da biblioteca e tamén en internet atopamos algunhas coplas que recitamos nos distintos cursos.
Tamén visionamos na pizarra dixital algún video referente ó tema: "Ahí ven o maio"