jueves, 12 de enero de 2012

CAZA DO TESOURO: DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

1.- INTRODUCIÓN

Como sabes, o 30 de xaneiro, coma cada ano, celebramos o Dia Escolar da Non Violencia e a Paz. Propoñémosche que para saber ben de que vai este día participes nesta Caza do Tesouro.

Deberás contestar correctamente a cada unha das 10 preguntas que che lanzamos. Para iso deberás consultar as páxinas web que che recomendamos.

Podes recoller na biblioteca unha folla coas preguntas ou contestalas nun folio en branco do que dispoñas  ti. Logo deberás elaborar o traballiño que se propón na "gran pregunta". Contestadas as preguntas e rematado o traballiño, deberás entregar as dúas follas, co teu nome, na biblioteca. O prazo para a presentación dos traballos remata o dia 26 de xaneiro (xoves).

Poden participar os alumnos e alumnas dos tres ciclos de E. Primaria.

Os mellores traballos serán premiados.


2.- PREGUNTAS


1.- En que ano se empezou a celebrar o Dia Escolar da Non violencia e da Paz?
2.- Quen foi o fundador desta conmemoración?
3.- De que nacionalidade era?
4.- Que día de cada ano se celebra o Día Escolar da Non violencia e da Paz?
5.- Por que se elixíu este día? Con que aniversario coincide?
6.- Cantos anos hai que se celebra este día nas escolas?
7.- Que imaxes se utilizan máis habitualmente para representar a paz?
8.- Que premio moi importante recoñece cada ano á persoa que destaca polo seu traballo a favor da paz?
9.- Que se premia exactamente con ese galardón?
10.- Quen recibiu ese premio o ano 2011?


3.- RECURSOS






4.- O PREGUNTÓN: Cartel e lema


Nun papel tamaño A4 debes facer un debuxo relativo á paz no mundo e ese debuxo debe levar un lema, unha frase. A frase pode ser unha das que aparecen na páxina web que che recomendamos (debes lelas todas e decidir a que máis che gusta) ou ben inventar ti unha que che guste máis.

Con tódolos traballos presentados farase unha exposición.

Os mellores traballos de cada ciclo recibirán un premio

No hay comentarios:

Publicar un comentario