Para pór de relevancia as datas que se aveciñan e para que os nosos nenos e nenas se acheguen aos libros e á lectura, a BE organizou encontros do alumnado con autores e ilustradores. Consideramos esta unha experiencia enriquecedora que motivará novas lecturas e que complimentará a actividade realizada nas aulas.
O calendario de visitas e actividades será o seguinte, salvo cambios de última hora:
- CONCURSO DE MARCAPÁXINAS, con debuxo e lema alusivo.
Data límite de entrega na BE o 20 de abril.
- TALLER DE POESÍA NA BIBLIOTECA (nos recreos)
Levarase a cabo do 16 ao 23 de abril.
Sería interesante que quen o considere oportuno, o fago cos seus alumnos.
Cos traballos resultantes faremos un libro de poemas que quedará exposto na BE.
- CONTO DE CONTOS: Escribimos de maneira voluntaria contos coa estructura dos contos clásicos (individuais, por grupos, colectivos de aula………)
Os orixinais serán depositados na BE co fin de encuadernalos e convertilos no volume dos NOSOS CONTOS.
( Do 23 de abril ao 30 de abril)
- CÓNTAME UN CONTIÑO: En colaboración coas familias, país e nais voluntarios virán á BE a contarlles contos aos nenos de INFANTIL.
( Posiblemente na semana do 23 ao 27 de abril)
- DÍA 23 DE ABRIL : DÍA DO LIBRO
“Apadriñamentos lectores” Experiencia a través da cal cada alumno de 2º e 3º ciclo de primaria, que así o desexe, apadriñará un alumno de infantil ou do primeiro ciclo e lerálle un conto que terá preparado de antemán.
(Farase durante o recreo)
- EXPOSICION do proxecto documental: “Ourense a miña cidade”
( Ültima semana de abril)
- VISITA de Ramón Caride Ogando para os alumnos do 2º ciclo.
Data: 30 de abril.
- VISITA de Jacobo Fernández para os alumnos de 1º de EP (Ilustrador e autor)
Data: Sen confirmar
No hay comentarios:
Publicar un comentario