lunes, 18 de febrero de 2013

jueves, 14 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

O 24  de febreiro comemórase o nacemento de Rosalía de Castro en toda Galicia.
Este ano considerado o ano de Rosalía, é o 150 aniversario da publicación do seu libro CANTARES GALLEGOS. Con tal motivo a Real Academia Galega e a Fundación Rosalía de Castro, están a organizar un intenso programa de actividades.
No noso centro non queremos ser menos e dende  o equipo de biblioteca propoñemos que todos os alumnos dende infantil a 6º de primaria lean, escriban e debuxen  poesías de esta gran escritora.
Os traballos exporanse no taboleiro da biblioterraza.
Para axudarvos a coñecer a Rosalía na biblioteca contades coas súas obras e asimesmo neste blog podedes ampliar información nestes enlaces:

COMO FOI A VIDA DE ROSALÍA
MULLERES NA HISTORIA
CASA MUSEO ROSALÍA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
VIDA DE ROSALÍA E MÚSICA
XOGAMOS CON ROSALÍA
LIM DE ROSALÍA

LA GRANDEZA DE ROSALÍA





Has de cantar CEIP Antonio Pedrosa Latas:

martes, 5 de febrero de 2013

"A MALETA DE PAPEL"




UN BO DÍA CHEGOU Ó NOSO COLEXIO UNHA MALETA CARGADA DE LIBROS. CARGADA DE AVENTURAS, DE EMOCIÓNS, DE HISTORIAS, DE CONTOS, DE ILUSTRACIÓNS...
A MALETA VIAXOU ATA A CLASE DE 6º DE PRIMARIA, E ALÍ PERMANECEU UN MES PARA QUE OS NENOS DEIXASEN VOAR A SÚA IMAXINACIÓN.
ESTE XOVES A MALETA EMPRENDE UNHA NOVA VIAXE CARA OUTRO CENTRO ESCOLAR E ASÍ MAIS NENOS DISFRUTARÁN CON ESTOS LIBROS.
GRAZAS LIBRERÍA KÁTEDRA POR EMPRENDER ESTA AVENTURA. BOA VIAXE
                                                                      
 

viernes, 1 de febrero de 2013

ENCONTROS CO AUTOR RAMON CARIDE

O AUTOR OURENSÁN RAMÓN CARIDE PARTICIPA NOVAMENTE NO NOSO CENTRO NUN ENCONTRO COS RAPACES DO ÚLTIMO CICLO DE PRIMARIA.OS NENOS E NENAS DE 6º PRESENTARON A ESTE ESCRITOR DE CEA CUN POWER POINT E FIXERON DE ANFITRIÓNS COS RAPACES INVITADOS DOUTROS CENTROS. ASISTIU Á PRESENTACIÓN A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN ANA GARRIDO.

O LIBRO EXOGAMIA 0.3 DA EDITORIAL XERAIS FOI O PROTAGONISTA DESTA ACTIVIDADE PROMOVIDA POLO CONCELLO DE OURENSE.





TODOS OS NENOS MOSTRARON TAMÉN ESPECIAL INTERÉS POLA NOVA OBRA DE CARIDE: O CAPITÁN ASPANITAS E O MISTERIO DAS BURGAS.EDITORIAL XERAIS.
AGRADECEMOS AS DEDICATORIAS E SINATURAS DE ESTE AUTOR Ó FINAL DO ENCONTRO


SE QUERES VER AS IMAXES DO ENCONTRO PREME NO NOME RAMÓN CARIDE