O 24 de febreiro comemórase o nacemento de Rosalía de Castro en toda Galicia.
Este ano considerado o ano de Rosalía, é o 150 aniversario da publicación do seu libro CANTARES GALLEGOS. Con tal motivo a Real Academia Galega e a Fundación Rosalía de Castro, están a organizar un intenso programa de actividades.
No noso centro non queremos ser menos e dende o equipo de biblioteca propoñemos que todos os alumnos dende infantil a 6º de primaria lean, escriban e debuxen poesías de esta gran escritora.
Os traballos exporanse no taboleiro da biblioterraza.
Para axudarvos a coñecer a Rosalía na biblioteca contades coas súas obras e asimesmo neste blog podedes ampliar información nestes enlaces:
COMO FOI A VIDA DE ROSALÍA
MULLERES NA HISTORIA
CASA MUSEO ROSALÍA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
VIDA DE ROSALÍA E MÚSICA
XOGAMOS CON ROSALÍA
LIM DE ROSALÍA
LA GRANDEZA DE ROSALÍA
Has de cantar CEIP Antonio Pedrosa Latas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario