lunes, 21 de octubre de 2013

A SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O DÍA 24 DE OUTUBRO COMMEMÓRASE EN TODA GALICIA O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. EN BIBLIOA.RO.BA QUEREMOS FACER TODA ESTA SEMANA ACTIVIDADES QUE FAGAN REFERENCIA A NOSA BIBLIOTECA.

MOCHILAS VIAXEIRAS

OS LIBROS VEÑEN E VAN. ESTE CURSO XA ESTÁN EN MARCHA AS MOCHILAS EN TRES CURSOS DE PRIMARIA.
BOA VIAXE E A DISFRUTAR





BOLSIÑAS VIAXEIRAS

EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL TAMÉN INICIAMOS NESTA SEMANA O PRÉSTAMO DE LIBROS. VAI SER DIVERTIDO LER NA CASA CON PAPÁ E MAMÁ.


LIBROS CON PEGADAS

DENDE AS AULAS E CARA A BIBLIOTECA, CADA NENO DO COLEXIO PEGOU AS PEGADAS DE DÚAS MANS, NUNHA ESCRIBIRON  O LIBRO QUE MAIS LLE GUSTOU A ELES E O POR QUÉ, E NA OUTRA O QUE MAIS LLE GUSTOU ÓS SEUS PAIS E O POR QUÉ.
O RESULTADO FOI MOI DIVERTIDO.
A COR DAS MANS COINCIDE COA COR QUE TEÑEN OS LIBROS DO SEU CICLO NA BIBLIOTECA: ROSAS OS DE INFANTIL, AMARELOS OS DE 1º CICLO, VERMELLO OS DE 2º CICLO E OS DE 3º CICLO VERDES.






  

  



EXPOSICIÓN DE LIBROS


O LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ESTE ANO É "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR", PARA RECORDALO FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS COA TEMÁTICA DAS CIENCIAS.



CONTACONTOS: DEZ PIRATAS

OTI ANIMOU ÓS NOSOS PEQUENOS DE INFANTIL A LER MAIS LIBROS CO CONTO DEZ PIRATAS.





SABELA GAGO

A ACTRIZ E MESTRA SABELA GAGO, VOLVE Ó NOSO CENTRO PARA INTRODUCIR A TÓDOLOS NENOS DE PRIMARIA NA MAXIA QUE PODEMOS ATOPAR NOS LIBROS E MOTIVALOS PARA ESCRIBIR ELES MESMOS AS SÚAS OBRAS, OU CAMBIAR OBRAS QUE XA ESTÁN ESCRITAS.
PREME AQUÍ E VERÁS FOTOS DO GARABATO PIRATA

No hay comentarios:

Publicar un comentario