domingo, 29 de noviembre de 2015

BIBLIOAROBA DESPIDE A XOSÉ NEIRA VILAS


O VENRES 27 DE NOVEMBRO DE 2015 MORREU XOSÉ NEIRA VILAS NA SÚA CASA DE VILA DE CRUCES.
NARRADOR, PERIODISTA, POETA E DEFENSOR DA LINGUA GALEGA.
MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA, DOCTOR HONORIS CAUSA DAS UNIVERSIDADES DA CORUÑA E DA HABANA, PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA E DA CRÍTICA GALEGA. MEDALLAS CASTELAO, PEDRÓN DE HONRA E CELANOVA CASA DOS POETAS.
A SÚA OBRA MEMORIAS DUN NENO LABREGO CON 600.000 EXEMPLARES VENDIDOS E TRADUCIDO A INGLÉS, ALEMÁN, FRANCÉS, CASTELÁN, CHECO, RUSO E OUTROS IDIOMAS; ACÉRCANOS A BALBINO ESE RAPAZ DE ALDEA QUE NUNCA ESQUECEREMOS.

GRAZAS XOSÉ NEIRA VILAS
SEMPRE ESTARÁS PRESENTE NOS ANDEIS DA NOSA BIBLIOTECA E NOS NOSOS CORAZÓNS.



domingo, 22 de noviembre de 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores. 
O noso centro, CEIP Amadeo R. Barroso participa nestas xornadas

domingo, 15 de noviembre de 2015

O DÍA DA CONSTITUCIÓN 2015

ESTE ANO O  LEMA  PARA O XXXII CONCURSO DA CONSTITUCIÓN É :
"DE LAS CORTES GENERALES(TÍTULO III) CAPÍTULO 1º DE LAS CÁMARAS"

RECURSOS QUE NOS PODEN AXUDAR A TRABALLAR NA NOSA AULA



A MIÑA PRIMEIRA CONSTITUCION



SENADO

PARA 6º DE PRIMARIA