O VENRES 27 DE NOVEMBRO DE 2015 MORREU XOSÉ NEIRA VILAS NA SÚA CASA DE VILA DE CRUCES.
NARRADOR, PERIODISTA, POETA E DEFENSOR DA LINGUA GALEGA.
MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA, DOCTOR HONORIS CAUSA DAS UNIVERSIDADES DA CORUÑA E DA HABANA, PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA E DA CRÍTICA GALEGA. MEDALLAS CASTELAO, PEDRÓN DE HONRA E CELANOVA CASA DOS POETAS.
A SÚA OBRA MEMORIAS DUN NENO LABREGO CON 600.000 EXEMPLARES VENDIDOS E TRADUCIDO A INGLÉS, ALEMÁN, FRANCÉS, CASTELÁN, CHECO, RUSO E OUTROS IDIOMAS; ACÉRCANOS A BALBINO ESE RAPAZ DE ALDEA QUE NUNCA ESQUECEREMOS.
GRAZAS XOSÉ NEIRA VILAS
SEMPRE ESTARÁS PRESENTE NOS ANDEIS DA NOSA BIBLIOTECA E NOS NOSOS CORAZÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario