domingo, 2 de diciembre de 2018

OS DEREITOS E DEBERES DOS NENOS

COMO CADA ANO LIBRIÑO NON ESQUECE DÚAS DAS CONMEMORACIÓNS MAIS IMPORTANTES PARA OS NOSOS CATIVOS:

O DÍA DA CONSTITUCIÓN(6 DE DECEMBRO)
O DÍA INTERNACIONAL DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS(10 DE DECEMBRO)

APRENDE OS TEUS DEREITOS E AS TÚAS OBLIGACIÓNS




Los derechos y deberes de los niños, de Marisa Luna


ASÍ QUEDOU O NOSO MURAL DOS DEREITOS E DEBERES



sábado, 10 de noviembre de 2018

IX XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


O NOSO CENTRO PARTICIPA NESTAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA QUE TEÑEN LUGAR EN SANTIAGO OS DÍAS 9 E 10 DE NOVEMBRO

sábado, 27 de octubre de 2018

A RUN RUN TEATRO

O GRUPO TEATRAL A RUN RUN TEATRO VISITA NOVAMENTE O NOSO COLE PRESENTANDO "CECILIA E A SÚA BONECA" AOS NEN@S DE INFANTIL E PRIMARIA.
AGRADECEMOS A ANPA A SÚA COLABORACIÓN POR FACER POSIBLE ESTA SESIÓN DE ANIMACIÓN.





miércoles, 24 de octubre de 2018

PÉRDELLE O MEDO AOS LIBROS


  
SAMAÍN

XA ESTÁN AQUÍ AS LECTURAS TERRORÍFICAS.PÉRDELLE O MEDO E A LEEEEER
PINCHA NA IMAXE  E ATOPARÁS COUSAS INTERESANTES PARA TRABALLAR O SAMAÍN

sábado, 6 de octubre de 2018

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018

O NOSO CARTEL PARA CONMEMORAR O 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CHOVA NEVE OU FAGA SOL
LEMOS UN MONTÓN




LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  DE GALICIA:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde 1997, cada 24 de outubro  conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da  Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada o 1992 durante o conflicto balcánico.


Con este video da biblioteca de Helsinki, en inglés, pretendemos homenaxear ás nosas bibliotecas






AS MOCHILAS VIAXEIRAS PREPARADAS 



A PARTIR DE HOXE 24 DE OUTUBRO E PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
ESCOLARES COMEZAN A ROTAR POR TODAS AS CASAS DOS ALUMN@S DE PRIMARIA AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA COMPARTIR COA FAMILIA AS LECTURAS, A MÚSICA, OS XOGOS...

XA ESTÁN AQUÍ ÁS BOLSIÑAS VIAXEIRAS DE INFANTIL 

OS MAIORES DE INFANTIL PARTICIPAN COAS SÚAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE.
TÓDALAS SEMANAS LEVAN UN LIBRO PARA LER NA CASA COS SEUS PAIS CHOVA, NEVE OU FAGA SOL.





ENCONTROS CON POETISAS

O DÍA 6 DE OUTUBRO PAOLA DUCHÉN E GEMA CEPEDA VISITAN O NOSO CENTRO, PARA PARTICIPAR NUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
PORÁN AOS RAPACES E RAPAZAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA EN CONTACTO COA POESÍA E COAS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS.



NA BIBLIOTECA XA ESTÁN A TÚA DISPOSICIÓN LIBROS DAS DÚAS POETISAS E ADEMAIS ADICADOS POLAS AUTORAS.
ANÍMATE A LER.

miércoles, 3 de octubre de 2018

XA ESTÁN AQUÍ OS NOV@S AXUDANTES DE BIBLIOTECA


@S ALUMN@S DE 6º DE PRIMARIA  ESTREAN OS SEUS CHALECOS DE AXUDANTES QUE COMA SEMPRE AXUDAN AOS MAIS CATIVOS NA BUSCA DE LIBROS, MANTEÑEN O SILENCIO NA BIBLIOTECA, ORDENAN OS LIBROS E MOITAS OUTRAS ACTIVIDADES QUE FACILITAN O FUNCIONAMENTO DE BIBLIOAROBA.

MOITAS GRAZAS RAPACES

jueves, 21 de junio de 2018

PREMIO PARA OS MÁIS LECTORES

LUCÍA DE SEGUNDO DE PRIMARIA A MÁIS LECTORA




ALEJANDRO DE 4º DE PRIMARIA O SEGUNDO MÁIS LECTOR

martes, 15 de mayo de 2018

jueves, 10 de mayo de 2018

CELTIA FIGUEIRAS E OS SEUS LIBROS

CONSORCIO EDITORIAL INVITA AOS ALUMNOS DE INFANTIL E 2º DE PRIMARIA A DISFRUTAR DESTA  MAGNÍFICA CONTACONTOS QUE VEN PRESENTAR "OS LIBROS DA TITIRITEIRA".

DESCUBRIRÁN GRANDES LIBROS QUE CONTEÑEN NO SEU INTERIOR PEQUENAS HISTORIAS NAS QUE TODO É POSIBLE.

TRABALLARANSE TEMAS COMO A PROCURA DA PROPIA IDENTIDADE, A PERSEVERANZA, O VALOR DA AMIZADE OU A IMPORTANCIA DA COOPERACIÓN.




domingo, 29 de abril de 2018

sábado, 14 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL DE 2018

ACTIVIDADES PROPOSTAS DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA :

APRENDE A CANCIÓN DE PACO NOGUEIRA DO ALBUM BRINCA VAI "NUN LIBRO"




EXPOSICIÓN DE NOVEDADES


ANIMACIÓN Á LECTURA




ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA CANOSA


A ESCRITORA MARÍA CANOSA VISITA O NOSO CENTRO PARA TER UN ENCONTRO COS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA E INTERCAMBIAR EXPRESIÓNS SOBRE O SEU LIBRO "A CAZADORA DE ESTRELAS"



















CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL CON OLGA CUERVO

A EDITORIAL SM PRESENTA "¿QUIERES QUE TE CUENTE UN CUENTO?"
DA MAN DA ACTRIZ OLGA CUERVO.
























NURIA GARCÍA CÓNTANOS UN CONTIÑO

ENCONTRO COS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL CON NURIA GARCÍA POR XENTILEZA DA EDITORIAL EDELVIVES.




O MAGO VICTOR MOIR

A EDITORIAL VICENS VIVES CONVIDA A TODOS OS ALUMNOS DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA A UN ESPECTÁCULO DE MAXIA E ILUSIONISMO A CARGO DO MAGO CORUÑÉS VÍCTOR NOIR.







VICTOR NOIR

PREME NESTA ÚLTIMA IMAXE PARA VER MAIS FOTOS


LIBROS FORA

DURANTE A SEMANA DO 23 AO 27 DE ABRIL A BIBLIOTECA SACA OS LIBROS AO PATIO PARA MIRALOS, COMPARTILOS... E VIAXAR COA IMAXINACIÓN COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS























CÓNTAME UN CONTIÑO

TÓCALLE O TURNO ÁS FAMILAS: NAIS, PAIS, AVÓS, AVOAS... PINTAN UN SORRISO NA CARIÑA DOS NOSOS PEQUERRECHOS. 


PREME NA IMAXE

APADRIÑAMENTOS LECTORES

NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA ACHÉGANSE A INFANTIL PARA CONVERTIRSE EN CONTACONTOS