O NOSO CARTEL PARA CONMEMORAR O 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
LEMOS UN MONTÓN
LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada o 1992 durante o conflicto balcánico.
Con este video da biblioteca de Helsinki, en inglés, pretendemos homenaxear ás nosas bibliotecas
AS MOCHILAS VIAXEIRAS PREPARADAS
A PARTIR DE HOXE 24 DE OUTUBRO E PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
ESCOLARES COMEZAN A ROTAR POR TODAS AS CASAS DOS ALUMN@S DE PRIMARIA AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA COMPARTIR COA FAMILIA AS LECTURAS, A MÚSICA, OS XOGOS...
XA ESTÁN AQUÍ ÁS BOLSIÑAS VIAXEIRAS DE INFANTIL
OS MAIORES DE INFANTIL PARTICIPAN COAS SÚAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE.
TÓDALAS SEMANAS LEVAN UN LIBRO PARA LER NA CASA COS SEUS PAIS CHOVA, NEVE OU FAGA SOL.
ENCONTROS CON POETISAS
O DÍA 6 DE OUTUBRO PAOLA DUCHÉN E GEMA CEPEDA VISITAN O NOSO CENTRO, PARA PARTICIPAR NUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
PORÁN AOS RAPACES E RAPAZAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA EN CONTACTO COA POESÍA E COAS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario