sábado, 27 de octubre de 2018

A RUN RUN TEATRO

O GRUPO TEATRAL A RUN RUN TEATRO VISITA NOVAMENTE O NOSO COLE PRESENTANDO "CECILIA E A SÚA BONECA" AOS NEN@S DE INFANTIL E PRIMARIA.
AGRADECEMOS A ANPA A SÚA COLABORACIÓN POR FACER POSIBLE ESTA SESIÓN DE ANIMACIÓN.





miércoles, 24 de octubre de 2018

PÉRDELLE O MEDO AOS LIBROS


  
SAMAÍN

XA ESTÁN AQUÍ AS LECTURAS TERRORÍFICAS.PÉRDELLE O MEDO E A LEEEEER
PINCHA NA IMAXE  E ATOPARÁS COUSAS INTERESANTES PARA TRABALLAR O SAMAÍN

sábado, 6 de octubre de 2018

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018

O NOSO CARTEL PARA CONMEMORAR O 24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CHOVA NEVE OU FAGA SOL
LEMOS UN MONTÓN




LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  DE GALICIA:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde 1997, cada 24 de outubro  conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da  Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada o 1992 durante o conflicto balcánico.


Con este video da biblioteca de Helsinki, en inglés, pretendemos homenaxear ás nosas bibliotecas






AS MOCHILAS VIAXEIRAS PREPARADAS 



A PARTIR DE HOXE 24 DE OUTUBRO E PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
ESCOLARES COMEZAN A ROTAR POR TODAS AS CASAS DOS ALUMN@S DE PRIMARIA AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA COMPARTIR COA FAMILIA AS LECTURAS, A MÚSICA, OS XOGOS...

XA ESTÁN AQUÍ ÁS BOLSIÑAS VIAXEIRAS DE INFANTIL 

OS MAIORES DE INFANTIL PARTICIPAN COAS SÚAS FAMILIAS NESTA ACTIVIDADE.
TÓDALAS SEMANAS LEVAN UN LIBRO PARA LER NA CASA COS SEUS PAIS CHOVA, NEVE OU FAGA SOL.





ENCONTROS CON POETISAS

O DÍA 6 DE OUTUBRO PAOLA DUCHÉN E GEMA CEPEDA VISITAN O NOSO CENTRO, PARA PARTICIPAR NUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
PORÁN AOS RAPACES E RAPAZAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA EN CONTACTO COA POESÍA E COAS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS.



NA BIBLIOTECA XA ESTÁN A TÚA DISPOSICIÓN LIBROS DAS DÚAS POETISAS E ADEMAIS ADICADOS POLAS AUTORAS.
ANÍMATE A LER.

miércoles, 3 de octubre de 2018

XA ESTÁN AQUÍ OS NOV@S AXUDANTES DE BIBLIOTECA


@S ALUMN@S DE 6º DE PRIMARIA  ESTREAN OS SEUS CHALECOS DE AXUDANTES QUE COMA SEMPRE AXUDAN AOS MAIS CATIVOS NA BUSCA DE LIBROS, MANTEÑEN O SILENCIO NA BIBLIOTECA, ORDENAN OS LIBROS E MOITAS OUTRAS ACTIVIDADES QUE FACILITAN O FUNCIONAMENTO DE BIBLIOAROBA.

MOITAS GRAZAS RAPACES