martes, 19 de mayo de 2020

VIII CERTAME DE MICRORRELATO EN LINGUA GALEGA



ROCÍO FERNÁNDEZ GUERRA DE 6ºA DE ED.PRIMARIA GAÑADORA NA MODALIDADE DA CATEGORÍA XUVENIL DO CERTAME DE MICRORRELATO EN LINGUA GALEGA.
A SÚA OBRA "O QUE NOS RODEA" MERECEDORA DESTE GALARDÓN, CUN XURADO MOI ESPECIAL, O ESCRITOR GALEGO HÉCTOR CAJAREVILLE QUE LLE ADICA ESTAS VERBAS:



PREME NA IMAXE







PARABÉNS ROCÍO, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP AMADEO R. BARROSO ESTÁ MOI ORGULLOSA DE TI, SOBRE TODO AQUELES QUE FORON E SON OS TEUS MESTRES. ÁNIMO E  A SEGUIR ESCRIBINDO RELATOS TAN FERMOSOS.


DISFRUTADE DESTE MICRORRELATO



martes, 12 de mayo de 2020

SABES ONDE SE ATOPA A RÚA RICARDO CARVALHO CALERO?




ACTIVIDADE  LETRAS GALEGAS 2020
Ola nenos e nenas:
Que tal estades? Seguro que agora moito mellor porque podedes saír un pouquiño á rúa todos os días.
Xa vos dixen na carta anterior que vos enviei que se está achegando o día das Letras Galegas e que este ano vai ser un pouco distinto.
Vouvos propoñer outra actividade,  unha actividade colaborativa cos nenos e nenas doutros coles.
Recibín unha invitación do cole Saco e Arce de Toén onde nos din que moi pretiño do noso cole hai unha rúa chamada Ricardo Carvalho Calero, xusto o escritor homenaxeado no día das Letras Galegas, así que eu creo que podemos colaborar na súa proposta.
Déixovos a súa carta para que vexades en que consiste.
Todos os que vos animedes a participar de xeito voluntario nesta actividade poderedes achegarvos a esa rúa e facer alí unha pequena homenaxe a este gran escritor galego, pero sempre tendo presente que continuamos nunha situación de alerta sanitaria e cumprindo estritamente coas medidas de precaución axeitadas de distanciamento social que nos dictan as autoridades pertinentes.
Teredes que enviar a vosa tarefa antes do 17 de maio ao correo dos vosos titores/as coma sempre facedes e os que queiran colaborar co     Ceip Saco e Arce de Toén sería desexable que o enviaran tamén ao  correo que aparece na súa carta: ceip.saco.arce@gmail.com indicando nome, curso e cole para que así saiban a quen pertence.
Moitas grazas por axudarme sempre que volo pido. Un bico forte e…..
ATA PRONTO AMIGUIÑOS.
LIBRIÑO


               

PREME NA IMAXE


martes, 5 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

ESTE ANO CELEBRAREMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DENDE A CASA.PERO NON POR ISO SERÁ MENOS IMPORTANTE.
GALICIA HOMENAXEA A RICARDO CARVALHO CALERO.
QUERES DESCUBRIR QUEN É ?.POIS ÁNIMO, RESOLVENDO ESTA WEBQUEST APRENDERÁS  MOITO SOBRE ESTE PERSONAXE.


RICARDO CAVALHO CALERO


O C.P.I DOS DICES PRESENTA ESTE INTERESANTE TELEXORNAL SOBRE O AUTOR


ENTREVISTA A RICARDO CARVALHO CALERO NA TVG: