ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020
Ola nenos e nenas:
Que tal estades? Seguro que agora moito mellor porque podedes
saír un pouquiño á rúa todos os días.
Xa vos dixen na carta anterior que vos enviei que se está
achegando o día das Letras Galegas e que este ano vai ser un pouco distinto.
Vouvos propoñer outra actividade, unha actividade colaborativa cos nenos e
nenas doutros coles.
Recibín unha invitación do cole Saco e Arce de Toén onde nos
din que moi pretiño do noso cole hai unha rúa chamada Ricardo Carvalho Calero,
xusto o escritor homenaxeado no día das Letras Galegas, así que eu creo que
podemos colaborar na súa proposta.
Déixovos a súa carta para que vexades en que consiste.
Todos os que vos animedes a participar de xeito voluntario nesta actividade poderedes achegarvos a esa rúa e
facer alí unha pequena homenaxe a este gran escritor galego, pero sempre tendo
presente que continuamos nunha situación de alerta sanitaria e cumprindo
estritamente coas medidas de precaución axeitadas de distanciamento social que
nos dictan as autoridades pertinentes.
Moitas grazas por axudarme sempre que volo pido. Un bico forte
e…..
ATA PRONTO AMIGUIÑOS.
LIBRIÑO
PREME NA IMAXE |
No hay comentarios:
Publicar un comentario